Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de agosto de 2018

ARRANCA A FESTA DO ALBARIÑO CO PREGÓN DE MERCHY ÁLVAREZ




Co pregón de Merchy Álvarez, comezou a Festa do Albariño que chega á súa edición número sesenta e seis.
Un pregón breve e conciso, no que destacou a honra e responsabilidade que representaba para ela dirixirse desde o balcón do concello para dar o pistoletazo de saída da festa máis agardada polos cambadeses. Merchy recibeu o cariño de todos en forma de aplausos e vítores.


 Tralo pregón a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, por parte da Xunta, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra e a deputada Digna Rivas, a alcaldesa Fátima Abal e os concelleiros, Víctor Caamaño, Tino Cordal e J.R. Abal,  o Presidente do Consello Regulador, Juan Gil e outras autoridades procederon ao corte da cinta coa que se daba inicio á LXVI Festa do Viño Albariño.


Dende hoxe e ata o domingo os amantes do viño poden achegarse ata o paseo da Calzada en Cambados para degustar os caldos de 42 bodegueiros das Rías Baixas.


Ademais dos 'stands', a programación desta festa preséntase moi variada. Desde concertos de folck e rock, pasando por actividades como o Túnel do Viño Rías Baixas, no que máis de 160 adegas darán a coñecer os seus caldos e como non, as Catas Temáticas.

Quedan por diante 5 días de festa para degustar os mellores viños das Rías Baixas.


PROGRAMA DA FESTA DO ALBARIÑO




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.