![]() |
Imaxe: Diario de Arousa |
Un veciño de Castrelo a piques de morrer atragantado.
Os feitos ocurriron onte durante a sardiñada que como todos os anos se celebra na Alameda de San Tomé durante as festas de Santa Margarita.
O home, a súa muller e o resto dos presentes pasaron uns angustiosos momentos ata que unha veciña do noso pobo, I.S.P. sanitaria de profesión e que traballara no PAC de Cambados, consegueu reanimar á víctima que se atragantara ao parecer con un anaco de pan de millo.
O home caeu inconsciente ante a mirada atónita dos presentes que pronto chamaron as asistencias sanitarias. Unha ambulancia presentouse no lugar 20 minutos despois e xa cando o home estaba a recuperarse do susto axudado polo persoal do PAC de Cambados. A ambulancia trasladouno ao Hospital do Salnés para unha exploración máis exahustiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.