Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2018

O C.PIRAGUISMO CAMBADOS VENCE EN VIGO




As inmediacións do Real Club Náutico de Vigo acolleu esta tarde a 3º regata Olívica pertencente á liga Galega de Kaiak de Mar. O evento organizado polo Club Piragüismo Olívico contaba coa participación de 17 equipos e máis de 150 deportistas. Ás 17.00 da tarde daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coas modalidades SUP. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1469 puntos), a segunda posición foi para o Club Piragüismo Olívico (1226 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club de Mar Ría de Aldán (849 puntos). O equipo de cambadés repetiría triunfo na xeral masculina con 1271 puntos, seguidos polo Piragüismo Olívico que sumou 954 puntos, terceiro con 715 puntos foi o Club de Mar Ría de Aldán. Mentres que na clasificación feminina o vencedor foi o Piragüismo Olívico con 269 puntos, o segundo posto foi para o E. P Cidade de Pontevedra con 268 puntos e terceiro Piragüismo Cambados con 198 puntos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.