Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2018

O CLUB PIRAGÜISMO CAMBADOS VENCE NA REGATA DE KAIAK DE MAR EN BOUZAS


Na tarde do sábado a praia de Bouzas en Vigo foi o escenario da 2º Regata Kaiak Vigo pertencente á liga Galega de Kaiak de Mar. O evento organizado polo Club Kaiak Vigo contaba coa participación de 15 equipos e máis de 120 deportistas. Ás 16:00 da tarde daba comezo a competición coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coas modalidades SUP. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1054 puntos), a segunda posición foi para o Club de Mar Ría de Aldán (846 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Piragüismo Olívico (588 puntos). A nivel individual destaca a vitoria en K1 Senior Sprinter de Ion Carballo (Naval de Pontevedra) por diante de Emilio Mediavila (Kaiak Vigo) e a terceira praza obtívoa Óscar Iglesias (Ría de Aldán) Na modalidade K2 Sprinter Senior o podio completárono en primeira posición a parella do Club Piragüismo Olívico Mario Soage e Bernardo Rodríguez, segunda praza para Juventino Pérez xunto a José María Villverde (Piragüismo Cambados) sendo terceiros os cambadeses Fernando Pombo e Juan Varela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.