Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de abril de 2018

NOVO ÓRDAGO DA D.O. RÍAS BAIXAS A CAMBADOS E O SALNÉS





Nova afrenta do Consello Regulador Rías Baixas con Cambados en particular e o Salnés en xeral. 
O Día Movimiento Vino D.O. celebrouse por primeira vez o pasado 20 de maio de 2017, e a D.O. Rías Baixas fíxoo na Praza do Concello de Cambados aproveitando a celebración de Cambados como Cidade Europea do viño.
Este ano lévase para Pontevedra que si ben ten alí ubicada a sede do Consello, non pertence a Denominación de Orixe. Nin que decir ten que a meirande parte das adegas, viñedos e viticultores da  D.O. están na nosa comarca

Día Movimiento Vino D.O. celébrase por segundo ano consecutivo o sábado 12 de maio. Un ano máis a Denominación de Orixe Rías Baixas unirase de novo á celebración deste Día que terá lugar na pontevedresa Praza da Pedreira coa actuación do grupo local La Casa de los Ingleses.
O DÍA MOVIMIENTO VINO D.O. está concebido como unha xornada festiva, popular e participativa na que o gran protagonista será o viño D.O., por iso o acto central será un gran brindis colectivo, ás 13:30 h, no que milleiros de persoas á vez, desde distintos puntos da nosa xeografía, brindarán simultaneamente polo viño con D.O., un sinxelo xesto co que poñer en valor a calidade e a diversidade deste produto e achegalo a aqueles que aínda non o descubriron.
Esta xornada está impulsada por 26 denominacións de orixe españolas (Almansa, Arlanza, Binissalem-Mallorca, Calatayud, Cariñena, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jerez-Xéres-Sherry y Manzanilla_Sanlucar de Barrameda, La Mancha, Madrid, Montilla-Moriles, Monterrei, Navarra, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Ribera del Duero, Ribera del Guadiana, Rioja, Tacoronte-Acentejo, Uclés, Utiel-Requena, Valdepeñas, Valencia y Yecla) e por CECRV (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) co obxectivo de gozar e achegar o viño con denominación de orixe ao público en xeral e á mocidade en particular. 
Os programas e lugares de celebración das 26 denominacións de orixe que participan no Día poderán seguirse a través da páxina web de Movimiento Vino D.O. e nas redes sociais a través do hashtag #DíaMovimientoVinoDO.
No seguinte enlace podedes comprobar como todos os brindis se fan nas propias denominacións, agás Rías Baixas que o fan fora do territorio da denominación.
Con presenza na internet, a través dunha web, perfís en diferentes redes sociais e unha canle propia en Youtube, Movimiento Vino D.O. naceu en 2016, sendo hoxe a marca pública coa que a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas ( CECRV), a asociación nacional que representa ás DD. OO. de viño, diríxese ao consumidor para difundir a cultura do viño con denominación de orixe cunha linguaxe fresca e sen artificios, para conectar ao público en xeral e aos mozos en particular, a través de contidos atractivos, concursos e experiencias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.