Tras uns meses de espera tras facer a promesa o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, renovou esta mañá a colaboración do Goberno galego coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de Atención Terapéutica de Nenos con discapacidade física ou intelectual.

O Goberno galego colabora novamente cun orzamento de 15.000 euros para levar a cabo programas de intervención terapéutica para acadar solucións efectivas tanto aos menores con estas necesidades como aos seus núcleos familiares e ao seu entorno social, redundando nunha mellor prestación de servizos a toda a cidadanía desta comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.