Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de abril de 2018

A XUNTA PON Á DISPOSICIÓN DAS EMPRESAS DO SALNÉS O PROGRAMA REACCIONA



Desde a súa posta en marcha os programas ReAcciona impulsaron preto de 1500 proxectos, case o 40% na provincia de Pontevedra
Este ano, a través dunha nova convocatoria de Galicia 1000, a Xunta ofrecerá 135 millóns de euros de financiamento para máis de 3000 pemes
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Cambados na xornada sectorial do ReAcciona adicada ao sector enoturístico


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo esta mañá a disposición do tecido empresarial do Salnés o programa ReAcciona para mellorar a súa competitividade durante a súa participación en Cambados na xornada sectorial ReAcciona dedicada ao sector enoturístico.
Conde destacou que na actualidade hai un novo paradigma económico no que é preciso que o tecido empresarial e a Administración traballen conxuntamente para dar resposta ás novas esixencias do mercado, dos consumidores e das propias empresas, unha resposta que pasa pola dixitalización.
Co programa ReAcciona preténdese axudar ás pemes neste proceso ofrecendo asesoramento e servizos que lles axuden a reinventar os seus negocios desde o punto de vista do mercado ou da competitividade.
A xornada tiña como obxectivo presentar, da man dos seus protagonistas, casos de éxito de empresas participantes en anteriores edicións, así como informar desta iniciativa aos empresarios para que se sumen aos programas ReAcciona que, desde a súa posta en marcha levan apoiado preto de 1500 proxectos, case o 40% na provincia de Pontevedra con servizos para impulsar a competitividade das pemes galegas que pasan por melloras na produción, no eido comercial, estratéxico, financeiro ou da Industria 4.0, ofrecendo axuda a través dun itinerario personalizado e a posibilidade de optar aos apoios do Igape.
Dentro das axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ofrece, a través do Igape, encontrase a programa Galicia 1000 co que a Xunta achegará, este ano, un financiamento de 135 millóns de euros para apoiar a más de 3000 empresas. Un programa que, desde a súa posta en marcha, hai tres anos, mobilizou máis de 1175 millóns de euros, destacando que un 65% pertence á industria manufactureira.
Con respecto ao sector enoturístico, Conde destacou a aposta por xuntar dous sectores estratéxicos galegos como son o turismo e o vinícola co obxectivo de desestacionalizar e crear novas oportunidades de negocio nos concellos rurais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.