Rematou o mércores a campaña da volandeira. Nesta campaña as capturas chegaron a uns 150.000 quilos, a maior parte en Cambados. Segundo os primeiros dato é a mellor campaña dos últimos cinco anos, porque o prezo medio pasa dos catro euros e medio e as capturas superan os 100.000 quilos.
Os barcos de Cambados collían o martes as últimas volandeiras do ano. Xa non había moita. Na véspera de pechar a campaña apenas se apañan uns 20 quilos. No comezo da campaña a máis barata foi a 1,80 euros pero as últimas vendíanse a 11 euros.
A lonxa de Cambados facturou máis de 420.000 euros e os mariñeiros tiveron un bo prezo. Vendo os datos, a campaña foi bastante satisfactoria por capturas e prezos. Colléronse en Cambados 100 toneladas e os prezos chegaron a 10,70 euros. O prezo medio foi de 4,50 euros segundo o administrador da lonxa de Cambados.
Hai cinco anos collérase máis cantidade pero o prezo medio baixara ata os 2 euros. Este ano, o tope por mariñeiro era de 50 quilos, pero en Cambados decidiron baixalo a 35. No éxito da campaña houbo máis factores. Un dos motivos deste aumento dos prezos pode ser o establecemento dun prezo mínimo de 1,80 euros, que é un produto de calidade e que houbo un aumento da demanda.
A maior parte da volandeira vendíase para fábrica pero este ano notaron un aumento da venda para fresco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.