Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2018

PECHE NO CONCELLO DE CAMBADOS EN DEFENSA DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS



A Plataforma pola Sanidade Pública do Salnés intensifica as mobilizacións en contra da modificación da Lei de Saúde de Galicia, que suporá a desaparición da área sanitaria tal e coma a coñecemos agora.
Tralos peches do pasado luns 5 na Illa de Arousa, venres 9 en Ribadumia, onte en Vilanova de Arousa e hoxe 15 en Catoira, o luns 19 tócalle a Cambados, e remata o martes 20 en Vilagarcía de Arousa.

Espérase que este día sexa o sinalado para o debate no Parlamento de Galicia da modificación da Lei de Saúde á que se opón a plataforma, polo que unha representación deste colectivo trasladarase a Santiago de Compostela para manifestarse ante a sede parlamentaria, xunto con outras organizacións de comarcas afectadas pola nova normativa sanitaria que pretende implantar a Xunta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.