O pasado sábado déronse cita en Cambados (Pontevedra) varios dos mellores Powerlifters de españa no I Open Nacional “ cambados Capital do Albariño” 2018, organizado polo Club Vital Sport Cambados, o Club GT Team de Teixeiro (A Coruña) e o Ilmo Concello de Cambados.
A cita se saldou, na súa Categoría Elite, coa vitoria do madrileño Daniel Martínez , o multicampeón do mundo veu á capital do albariño disposto a non deixar dúbidas e sentenciou o campionato na primeira proba cunha Sentadilla case inhumana de 360 kg.

O triunfo en categoría feminina Nacional foise igualmente a Madrid da man de Isabel Sanz que con só 19 anos ostenta varios récord de España. O Open Nacional masculino, tremendamente disputado, con 14 competidores no que se bateron dous Récords Nacionais, un deles consecutivamente en dúas ocasións por competidores correlativos en quenda de competición, e tendo unha actuación estelar o Catalán José Luís Domínguez que bateu o actual Récord do Mundo de Press de Banca en categoría sub- junior e en Alejandro Serrano que se proclamou campión do Open.
Outros resultados foron: Campión masculino Press de Banca: Roberto Vázquez (récord de españa).
Campión masculino Peso Morto: Alejandro Serrano.
Campioa feminina Press de Banca: Leticia Fernández .
Campioa feminina Peso Morto: Isabel Sanz
VÍDEO-RESUMO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.