Moitos de vos xa sabedes que desde onte e como casa mes de febreiro podedes sacar a lingua ao AME. Podédelo facer neste enlace. So tedes que facer un selfi, soios ou en grupo e subilo nese evento do facebook.
Porque a lingua? Porque é o único músculo que non enferma.

No caso de Cambados e grazas ao empeño e a loita de Merchi Álvarez dedicamos este mes á loita contra o AME (Atrofia Muscular Espinal), pero sin esquecer outras enfermidades raras.
A Atrofia Muscular Espinal (AME) é unha enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular. Isto ocorre debido á afectación das neuronas motoras da medula espinal, que fai que o impulso nervioso non se poida transmitir correctamente aos músculos e que estes se atrofien.
Grazas ao Diario de Arousa polo seu artigo de onte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.