Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2018

ANTONIO RESINES XA É EMBAIXADOR DE GALICIAME








Ás 12.30 h deste mediodía, no Salón de Plenos do Concello de Cambados o actor Antonio Resines era nomeado Embaixador de GALICIAME para este 2018. 

A visita do actor nada tiña que ver nesta ocasión cos seus logros no mundo da farándula, senón que foi convidado para o seu nomeamento como Embaixador da Fundación GaliciAME.
Resines é  tamén padriño dun mozo madrileño chamado Álvaro que padece a enfermidade.

A Alcaldesa fixo de anfitrioa dun acto que contou coa presenza dos 4 partidos do grupo de goberno e tamén membros da oposición. Por suposto, de Merchi Álvarez , a principal impulsora da asociación e presidenta da Fundación GaliciAME á que a Alcaldesa agradeceu especialmente a súa inmensa labor neste campo, que leva a cabo sen descanso e de forma totalmente desinteresada.
Tanto Merchi Álvarez  que fundou a Asociación tras ser diagnosticada de AME, como a alcaldesa agradeceron a implicación do actore pedíronlle que levara a loita contra esta enfermidade a todos os rincóns a donde el chegara para facer máis visible os esforzos dos enfermos. Merchi desde que foi diagnosticada conseguiu grandes logros, como que Galicia fose a primeira Comunidade autónoma en dispensar un novo medicamento que melloraría a calidade de vida de moitos afectados por esta enfermidade que desgraciadamente ao ser catalogada dentro das chamadas “enfermidades raras”, non conta con demasiados apoios farmacéuticos nin de investigación. Ademais o fármaco en cuestión chamado Spinraza tería un custo anual moi elevado por paciente  , sendo o desacordo do Goberno español no seu prezo a principal causa de que aínda non estea comercializado no noso país.
Durante o acto aproveitouse tamén para presentar os actos municipais que terán lugar en Cambados o próximo 28 de Febreiro Día Mundial das Enfermidades Raras. A Alcaldesa adiantou que terá lugar a lectura dun manifesto, e que haberá unha solta de faroliños lembrando a todas as persoas que xa non se atopan entre nos por causa desta enfermidade.
Para pechar o nomeamento de Resines como Embaixador de GaliciAME, a alcaldesa fixo entrega ao actor da “ Folla de Prata” que é o máximo galardón da Cidade de Cambados, e tamén da “Lingua dourada”, que entregou a Presidenta da Fundación Merchi Álvarez , un galardón que fai referencia á única parte do corpo á que non afecta a Atrofia Muscular Espinal.

Fonte: GaliciaSur





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.