Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de febrero de 2018

ADEGAS FORÁNEAS RECIBEN SUBVENCIÓNS DA XUNTA PARA PRODUCIR ALBARIÑO












A adega Ramón Bilbao, con sede en Haro, recibiu 156.706 euros dunhas axudas concedidas pola Xunta para a reestruturación de viñedos no ano 2017 en Galicia. A compañía jarrera é a maior perceptora dunha subvención que alcanza os 700.00 euros. Concedida polo executivo galego, esta axuda está financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía ( Feaga) e está pensada para permitir aos produtores financiar a substitución de vides vellas por cepas novas, así como para reconverter os seus viñedos a outras variedades de uva. As axudas concedidas pola Xunta de Galicia beneficiaron tamén a outras adegas coñecidas con intereses en Galicia como a xerezana González Byass, Martín Códax, Terras Gauda ou Virxe de Galir. Estas cinco empresas acumulan o 60% dunha subvención que busca, tamén, mellorar a xestión das plantacións.

Ramón Bilbao vai investir a axuda no primeiro proxecto da empresa jarrera no territorio vitivinícola de Rías Baixas. Hai un ano, adquiriron vinte hectáreas de terreo no termo municipal de Ribadumia, coa intención de elaborar o primeiro albariño da marca jarrera.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.