Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de febrero de 2018

A XUNTA LICITARÁ NOVAMENTE ESTA SEMANA A XESTIÓN DOS CENTROS DE MAIORES DE CAMBADOS, REDONDELA E CUNTIS










A convocatoria do novo concurso será publicada no perfil do contratante e enviada aos boletíns oficiais esta mesma semana
Os tres centros, que dependen do Consorcio Galego de Benestar, incrementarán a oferta da rede autonómica en 85 prazas de centro de día e 21 de fogar residencial


O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar publicará xa esta semana no perfil do contratante a nova licitación do concurso para a xestión dos centros de día de Cambados, Redondela e Cuntis, e da oferta residencial de Redondela, logo de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase o pasado venres, 16 de febreiro, a preceptiva declaración de deserto do concurso inicial -reservado a centros especiais de emprego-, ao que non se presentou ningunha oferta.
A convocatoria do novo concurso, aberto a todo tipo de entidades e empresas, será remitida tamén esta semana polo ente público da Consellería de Política Social ao DOG, ao Boletín Oficial do Estado (BOE) e ao Boletín Oficial da Unión Europea (DOUE), intentando acurtar ao máximo os prazos do procedemento co obxectivo de poñer en servizo canto antes estes novos recursos para a atención aos maiores.
O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, reuniuse esta mediodía na sede do ente, en Santiago, co concelleiro de Servizos Sociais de Cambados, Tino Cordal, ao que lle explicou que a licitación de varios centros nun só lote non desfavorece ás empresas, senón que lles permite aproveitar sinerxías moi positivas a través dos perfís técnicos compartidos entre os distintos centros que xestionan.
O concelleiro de Somos Cambados non foi quen de convencer a Perfecto Rodríguez para sacar a licitación dos centros de forma individual
Nesta liña, Rodríguez lembroulle ademais que esa fórmula de licitación nun lote en cada provincia ou zona é a habitual, agás casos excepcionais, porque axiliza e economiza os procedementos administrativos. De feito, a finais de 2017, convocáronse con esa mesma fórmula outros dous concursos para a xestión de centros de maiores, nas provincias da Coruña e de Ourense, dos cales un xa foi adxudicado e, outro, está en fase de valoración das ofertas presentadas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.