Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de enero de 2018

ORDE DO DÍA DO PLENO DE XANEIRO











DECRETO
En uso das atribucións conferidas a esta Alcaldía polo artigo 21.1.c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e demáis preceptos concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (ROF) e de conformidade co disposto no artigo 78.2 do ROF polo presente veño en convocar sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Plenos o vindeiro día 25 de xaneiro, ás 21:00 horas e no caso de non existir quórum necesario, en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora, para debatir os asuntos relacionados no
seguinte:
1º.- Acordo de Goberno sobre a demanda da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
I PARTE RESOLUTIVA
2º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre bens inmobles.
3º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.
4º.- Aprobación inicial, se procede, de modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre construcción, instalación e obras.
5º.- Adhesión, se procede, ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concello Doing Business Galicia”.
6º.- Aprobación se procede do ditame referente á asunción pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos Corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de Policía Local
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
7º.- Acordo de goberno sobre rexeitamento do Proxecto de Lei Xeral de Orzamentos do Estado 2018.
8º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados para solicitar medidas para evitar ou limitar os cortes producidos no servizo de distribución eléctrica cada vez que se produce un temporal.
9º.- Dar conta do Plan Especial de infraestruturas en solo rústico da prolongación da rúa “A Pacheca”.
10º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
11º.- Rogos e preguntas
Da presente convocatoria e da orde do día darase a debida notificación a todos os membros da Corporación, procedéndose á súa publicación no
taboleiro de edictos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.