Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de enero de 2018

A OMIX DE CAMBADOS INFORMA DE OFERTAS DE EMPREGO E CURSOS












-Convocatoria docentes para curso AFD  de “Operacións básicas de restaurante e bar”.

Presentación de solicitudes, data e horario: Instancia dirixida á Alcaldesa, durante o prazo de 5 días naturais en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio en horario de 9,00 a 14,00 horas. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.  Bases e convocatoria: Pódense consultar na Secretaría Xeral do Concello, e no portal de transparencia (transparenciacambados.gal)


-“Programa Operativo de Empleo Juvenil” (POEJ) que está poñendo en marcha Cruz Roja

Poden poñerse en contacto con Cruz Roja Pontevedra (para cualquiera dúbida ou aclaración Telf.: 986852115 ext. 61467
Email: epradom@cruzroja.es





-Concurso para o cartel anunciador de Xuventude Crea 2018


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con motivo do programa Xuventude Crea 2018, convoca un concurso co fin de elaborar o cartel do dito programa.
PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todas aquelas persoas de entre 18 a 30 anos, ambas inclusive, e residentes en Galicia, agás o/a gañador/a do premio na edición do ano anterior.
TEMA
O tema e a técnica serán libres. As obras deben incluír obrigatoriamente o texto “Programa Xuventude Crea 2018” así como as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, skate, teatro e videocreación.
Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
CONDICIÓNS
Cada autor/a ou autores/as poderán participar con dúas obras orixinais, inéditas e en galego.
A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
A citada dirección xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
O cartel gañador será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2018 e poderá ser utilizado parcial ou totalmente para o seu deseño, páxina web ou calquera outra iniciativa que considere a organización.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.