Unha persoa ferida en Meaño ao envorcar un tractor
Un accidente de tractor deixa unha persoa ferida, en Meaño. A máquina envorcou na estrada que vai a Dena, no lugar de Paradela, na parroquia de Lores.
Unha persoa particular alertou dos feitos ao 112 ás 17:00 horas desta tarde. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias infiormou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Salnés. A situación tamén foi posta en coñecemento do GES de Sanxenxo e da Garda Civil de Tráfico.
Aínda que nun momento se pensou que a vítima quedara atrapada, finalmente non houbo que practicar ningunha excarceración.
Caída de bicicleta
No Grove, mentres, unha persoa resultou ferida tras caer da súa bicicleta. O sinistro tivo lugar preto de Ardia, na estrada xeral.
No Grove, mentres, unha persoa resultou ferida tras caer da súa bicicleta. O sinistro tivo lugar preto de Ardia, na estrada xeral.
Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia, ás 13:45 horas desta tarde. Decontado, o persoal do CIAE puxo a situación en coñecemento do 061, dos Bombeiros do Salnés, do GES de Sanxenxo, de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.