Esta misión, destinada a axudar aos bateeiros para facilitar o seu traballo na cría de mexillóns, contará coa participación especial do actor Álex González, que se atopa na zona gravando a serie de Telecinco "Vivir sin permiso". O domingo, ás 21:30 horas, en Cuatro.
Jesús Calleja visitará a Ría de Arousa, a máis grande e produtiva das rías galegas, onde toda a súa poboación vive directa ou indirectamente do mar: mariñeiros, mariscadoras, bateeiros, depuradoras e conserveiras, entre outros. Poñer en marcha un experimento novo para axudar na cría de mexillón será a última misión da tempada de "Volando voy" que Cuatro emite o domingo 12 de novembro, a partir das 21:30h.
O aventureiro leonés chega a esta ría para coñecer o modo de vida da poboación e, sobre todo, a aprender todo o relacionado co mexillón. Os bateeiros teñen que estar a vixiar constantemente as bateas, xa que calquera cambio na auga do mar ocasionado por verteduras externas como a marea vermella podería acabar con toneladas deste molusco, o que sería un desastre para a economía local. A misión consistirá en probar un sistema de sensores que analice a auga as 24 horas do día e actuar rapidamente se xorde algún problema.
Para axudarlle, contará coa participación especial de Álex González, actor e amigo persoal de Jesús Calleja, que se atopa gravando neste momento a serie de Telecinco "Vivir sin permiso". Ademais, coñecerá a Antonio, un biólogo que ensinará a Calleja todo o relacionado co mexillón e a Benita, unha muller de 77 anos que terá a oportunidade de ver a súa terra desde o aire. Xunto a todos eles, Jesús probará a gastronomía local da man do chef Pepe Solla facendo uso da última tecnoloxía de impresión 3D con alimentos e construirá un banco e un aparcadoiro para bicis feitos a partir da cuncha de mexillón que se desbota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.