Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de noviembre de 2017

A XUNTA PREVÉ QUE O EQUIPAMENTO DO CENTRO DE DÍA DE CAMBADOS ESTEA REMATADO NESTE MES DE NOVEMBRO










A baixa no contrato para a dotación do centro suporá unha redución do custo, tanto para o Consorcio, como para o Concello cambadés
A Xunta licitará tamén este mes a xestión da infraestrutura

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a formalización do contrato do concurso público para a subministración do equipamento e amoblamento do centro de día de Cambados, integrado na rede de centros para a atención aos maiores da Xunta de Galicia.
O concurso fóra adxudicado á empresa Lógica Equipamientos Integrales S.L. por un importe total de 67.221,62 euros (IVE incluído), o que supón unha baixa respecto aos 90.000 euros previstos no convenio para dotar ao centro, que subscribiran o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Cambados o pasado 31 de marzo.
Esa menor contía traducirase, polo tanto, nunha redución proporcional da achega que terán que realizar por ese capítulo, tanto o ente adscrito á Consellería de Política Social, como o Concello cambadés, sobre a previsión inicial de 70.000 e 20.000 euros, respectivamente.
Segundo o contrato de adxudicación, a instalación do equipamento e dos mobles do centro de día de Cambados deberá estar rematada antes de que finalice o presente mes de novembro, coa previsión de que neste mesmo mes se licite xa a xestión desa infraestrutura, dacordo co convenio xa asinado polo Consorcio e o Concello, que se axustará aos termos establecidos para este tipo de centros no Acordo Marco subscrito en maio de 2016 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
A posta en servizo do centro de día de Cambados producirase finalmente no primeiro trimestre de 2018, xa que a súa licitación se fará conxuntamente coa doutros centros para maiores da provincia de Pontevedra que entrarán igualmente en funcionamento no inicio do próximo ano.
O centro de día de Cambados, no que a Xunta de Galicia investiu un total de 800.000 euros (aos que hai que sumar o gasto en equipamento), ten unha capacidade de 40 prazas públicas para maiores do concello de Cambados e da súa área de influencia.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.