Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2017

PUBLICASE O ANUNCIO DE LICITACIÓN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA E PINTADO DE CASCO URBANO DE CAMBADOS











O Concello de Cambados busca a redución de custes desta obra mediante a  publicidade da mesma. Vaise dotar de sinalización turística e pintado do casco urbano cun importe de licitación 20.049,34 euros.

O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, o anuncio de licitación de subministro de sinalización turística e pintado de casco urbano. Con esta publicación deste anuncio de licitación pretendese reducir os custes das obras a realizar nas mesmas e primar a igualdade de oportunidades e a competencia entre os licitadores, sendo estas subvencionadas ao 100% con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, grazas as reducións que se acadaron nas licitacións públicas das tres obras de Dotación de Infraestruturas no termo municipal de Cambados, e que acadaron unha rebaixa de 39.401,60€, sendo destinados os fondos dos aforros acadados en parte a esta obra e tamén a sufragar os fondos municipais que ten que destinar o concello de Cambados para o subministro das caldeiras de biomasa na Xuventude e no edificio Administrativo da Rúa Ourense. 
As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 27 de outubro de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.
Sinalización turística e pintada do casco urbano
Tendo interese o concello de Cambados en ampliar a escasa sinalización turística deste concello, vaise realizar o subministro e servizo a realizar, vai permitir entre outras, dotar de módulos de aluminio de sinalización turística, tanto interior coma exterior, en total 12 módulos indicativos,  e o pintado horizontal en casco urbano no que se vai pintar as marcas viais de 10 e 15 cm, un total de 5.000 metros lineais e outros 520 metros cadrados de pasos de peóns, liñas de parada, cebreados e símbolos nas zonas turísticas do concello de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.