Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
23 de octubre de 2017
MÚSICA E POESÍA MARCAN A VISITA AO CEMITERIO DE SANTA MARIÑA DE DOZO, ARRANQUE DA NOVA PROPOSTA TURÍSTICA DA DEPUTACIÓN
A presidenta Carmela Silva asistiu á visita, guiada polo historiador Manuel Núñez, que contou cunha actuación no mesmo camposanto do grupo Cómplices. "Foi unha tarde máxica de cultura, historia, música e palabra"
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, acompañadas dos deputados provinciais David Regades e Santos Héctor Rodríguez, participaron na tarde deste sábado na visita ao icónico cemiterio de Santa Mariña de Dozo, en Cambados, que serviu como punto de arranque ao programa de difusión e promoción "Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos", que ten por obxectivo desestacionalizar o turismo na provincia ofrecendo alternativas, que se afasten dos estereotipos e nos permitan amosar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas.
O percorrido, que foi gratuíto e que contou cunha masiva asistencia, foi guiado polo historiador cambadés Manuel Núñez, e permitiu coñecer este recinto, declarado Monumento Histórico Artístico desde 1943 e incluído na Asociación de Cemiterios Singulares de Europa, que conta no seu interior coas ruínas dun antigo templo do século XV de estilo "gótico mariñeiro" no que se poden contemplar os seus arcos e esculturas con representacións de escenas bíblicas. A visita tivo, ademais, unha sorpresa inesperada xa que o grupo Cómplices fixo unha pequena actuación no mesmo camposanto, diante da lápida que recorda ao fillo de Valle Inclán, de quen o compositor Teo Cardalda musicou once poemas. A muller do escritor tamén está enterrada neste Cemiterio de Cambados que foi terra de acollida de Valle ata 1917.
Ao remate da visita, se celebrou no Auditorio de Cambados o anunciado concerto "Claves líricas" de Cómplices, tamén gratuíto e aberto, unha sembranza musical e poética de Valle Inclán, froito do proceso que durou dous anos durante os cales Cardalda, coa colaboración de Javier del Valle Inclán (un dos netos do escritor), musicou parte da obra.
As "Visitas singulares Rías Baixas: cemiterios históricos" inclúe a difusión e promoción doutros espazos similares na provincia como o Cemiterio dos Ingleses de Vilagarcía de Arousa, o de San Mauro en Pontevedra, o cemiterio de Pereiró en Vigo, o cemiterio dos Eidos en Redondela e o de Arcos de Furcos en Cuntis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.