Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2017

CONSELLOS PRACTICOS PARA TRABALLAR NA LONXA E NON MORRER NO INTENTO













Como de seguro sabedes estamos a vivir tempos de crise, o traballo escasea e a taxa de paro é realmente preocupante pero como di o refraneiro: “non hai mal que cen anos dure” e sempre poden aparecer novas oportunidades laborais e ¿por que non traballar na Lonxa do porto? E mais agora que semella que podería haber  novas vacantes.
Pero, querido amigo, para traballar na lonxa tes que ter presente   unha serie de consellos, consellos  que, a continuación, expoñeremos  para que a túa  estancia non sexa mais curta do desexado e podas  botar moitos anos en dito posto.
En primeiro lugar e  unha vez que xa estás dentro o fundamental é que te fagas colega dun par de compañeiros de traballo; o compañeirismo  é moi importante no ambiente laboral, con eles podes quedar para tomar unhas cervexas unha vez rematada a xornada, cubrirte as costas si un dia tes que marchar antes da hora e, mesmamente, cando haxa moita confianza, axudarte a planear algún futuro  “chanchullo”.
Cando xa leves algún tempo no teu posto de traballo pode pasárseche pola cabeza a seguinte idea: ¿e que pasa si me levo un puñado de ameixas? ¿quen ía a notar a diferenza? Incluso pode que llo comentes a eses dous compañeiros cos que xa te fixeches  colega e poñervos da cordo para ir sacando, capacho a capacho, unha cantidade que, de seguro, constituirá un interesante  sobresoldo. Persoalmente non os recomendamos que vallades por ese camiño pero si persistides no plan, o ideal seria que o xefe da Lonxa fora un tipo despreocupado, a quen, un dia o enchufaron no mesmo e que, por poñer un exemplo, si un dia rouban mil ou dous mil euros, en vez de preocuparse por aclarar tal roubo, prefira poñelos do seu peto para tapar a súa incompetencia; si a este xefe de Lonxa incompetente por riba podemos sumarlle un Patrón Maior mais preocupado en fundirse a tarxeta da confraría en churrascos e “gin  tonics” i en aparcar o coche, tamén da confraría, na recta da Goulla, a horas intempestivas,  pois de seguro que o  voso “pequeno negocio” ten mais visos de triunfar.
Hai un detalle importante a ter en conta:  asegurarvos  ben de onde se atopan as cámaras de vixilancia non soamente as que se ven senón, tamén, que non haxa ningunha nese pequeno cuarto onde ides agochando a vosa valiosa mercancía, debaixo das caixas. Tamén pode ocorrer que entre unha directiva nova na confraría; unha directiva que nos vos deixaría seguir co voso pequeno “negocio” e vos desen un toque de atención; quizais, ese sexa o momento de parar porque xa sabedes que “a avaricia rompe o saco”; si optades por seguir, pode que os dean un segundo toque de atención e, a terceira, vaia a vencida e  opten polo voso despido.
Pero, tranquilos, amigos,  non ten porque reinar o desánimo, a Lei é interpretable e, quizais, en primeira instancia atopedes un xuíz que considere que o voso foi   “pecata minuta” e, a pesar das evidentes probas na vosa  contra, decida reinstaurarvos no voso posto de traballo.
Pero,  o problema pode vir cando, a sentenza sexa recorrida ao Tribunal Superior de Xustiza e un tribunal mais cualificado lle de un importante correctivo ao primeiro xuíz e ditamine que o voso despido si foi procedente.
Seguramente neses momentos sentiredes que todo se acabou, unha sensación de impotencia invadiravos, nese momento teredes que manter a calma é poñer en marcha a maquinaria que intente lavar a vosa imaxe.
Dita maquinaria deberá actuar en varios frontes: por un lado, interesaría que algunha páxina dixital rancia empezara a facer campaña en voso favor, dicindo que os vosos  foron uns despidos políticos; que si os botaron foi pola vosa  militancia ou, simplemente, simpatía por un determinado partido. Obviamente esta é unha escusa, simplemente, ridícula e habería que ser moi parvo para crela pero a cuestión é poñer en marcha o ventilador e intentar “enmerdalo”  todo e  desviar a atención sobre o verdadeiro motivo do despido.   
Tamén podedes intentar tocar a “fibra sensible” de algún membro da directiva da confraría; por exemplo, que a nai de algún dos despedidos, visite a algún directivo (ou directiva)  e lle diga que, ditos despedidos, teñen fillos, acompañado dalgunha bagoa para facer mais dramático o  momento. Probablemente non consigades nada pero o momento dramático que non falte.
Outro fronte consistirá en intentar boicotear mediante protestas a normal actividade da Lonxa, especialmente, das subastas; o mais seguro é que non consigades nada, todo o contrario; probablemente, fagádeslle a “puñeta” a algún honrado mariñeiro que unicamente quería gañarse o dia e pouco o nada impórtalle as vosas “movidas” pero iso a vos, seguramente, daravos igual.
Tamén algunha “bocachancla”, en solidariedade con vos  podería poñerse a recoller firmas, quizais, por empatía porque ela tamén sabe o que é facer chanchullos, aínda que neste caso, en comisións de festas.   
¿Qué vos quedará ao final? ¿Recorrer ao Supremo? Probablemente, pero pensade que, a cousa, aínda podería ir a peor; a confraría aínda  podería
demandarvos polo penal por apropiación indebida, unha posibilidade que existe pero, igual, nesa directiva non son tan cabróns como algúns os quixeron “pintar”.
Desexamos que estes prácticos consellos puideran  ser de algunha utilidade, de ser así, sentiriámonos moi satisfactorios.    

UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.