Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2017

CHEGAN AS CHUVIAS ATA O DOMINGO











Chega unha fronte fría e as precipitacións a partir deste luns á zona das Rías Baixas e, en xeral, a toda a provincia de Pontevedra. Os ceos atoparanse nubrados, con choivas de carácter débil que afectarán principalmente á metade oeste de Galicia, segundo Meteogalicia. Pola noite as choivas serán máis intensas e xeralizadas. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas, situándose entre os 18 e os 23 graos. O vento soprará frouxo de compoñente sur nas primeiras horas e de dirección variable o resto do día. 
Durante o martes, as Rías Baixas quedarán baixo a influencia das baixas presións, con réxime de ventos húmidos do suroeste. Durante a mañá, os ceos permanecerán parcialmente cubertos. Ao longo da tarde unha nova fronte achegarase polo oeste, deixando ceos cubertos e choivas que comezarán polo litoral e iranse estendendo cara ao interior durante a noite. As temperaturas sufrirán un descenso moderado situándose entre os 14 e os 21 graos. O vento soprará moderado do suroeste, con refachos fortes nas Rías Baixas durante a tarde.
O mércores se mantenndrán as borrascas en Galicia, con ventos do suroeste e a entrada de aire frío. Os ceos permanecerán nubrados con chuvascos xeneralizados. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado, con mínimas de 13 e máximas de 19 graos.
A partir do xoves, as borrascas do Atlántico e as altas presións do Mediterráneo afectarán á comunidade galega. Esta configuración deixará ventos do sur-suroeste, con frontes que entrarán sucesivamente, deixando alta probabilidade de precipitacións en xeral, con temperaturas normais para a época do ano entre os 11 e os 20 graos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.