Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de septiembre de 2017

CAMBADOS DUPLICA A INVERSIÓN EN SERVICIOS SOCIAIS DENDE O 2012












Publícanse no Portal de Transparencia os Orzamentos do exercicio 2017

A Concellaría de Económica e Facenda de Cambados, ven de publicar no Portal de Transparencia municipal os Orzamentos do exercicio 2017 que se aprobaron no pleno celebrada onte. O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de setembro de 2017, aprobou inicialmente o orzamento xeral do ano 2017. Cumprindo o establecido no artigo 169.1 do Real Decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o citado orzamento xeral exponse ao público durante quince días hábiles, prazo no que os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, si durante o citado prazo non se presentaran reclamacións.
Os Orzamentos do exercicio 2017 tratase dun documento cunha menor carga impositiva para os veciños de Cambados, de acordo coas modificacións levadas a cabo nas Ordenanzas fiscais aprobadas por Acordo do Pleno da Corporación, de data 27 de outubro de 2016 no que se aprobaron unha serie de Beneficios Fiscais nas distintas figuras impositivas que integran o sistema tributario. No apartado de ingresos, reducíronse en 100.000€ a recadación do IBI en comparación co exercicio anterior, no que se incrementan pola contra a partida de Transferencias correntes como consecuencia basicamente dos maiores ingresos previstos na participación nos tributos do Estado. E que no apartado de gastos, pola contra, incrementase un 21% a partida do orzamento da area de Servizos Sociais; un concello que foi capaz de asumir na súa meirande parte os gastos dos eventos da capitalidade europea do viño; que aumenta as partidas no servizo de limpeza viaria e no mantemento dos centros escolares; que aumenta a inversión municipal en cultura e deporte; e  que o mesmo tempo, é quen de asumir os custes de publicidade e propaganda para cumprir os requisitos de poder optar a que a Festa do Albariño sexa declarada de Interese Turístico Internacional. Mentres, estanse a reducir considerablemente os custes en contratacións de prestacións de servizos, en mantemento de vehículos municipais, un concello que reduce os gastos en material de oficina e informático non inventariable, nos gastos de telefonía e internet, nas indemnizacións por responsabilidade patrimonial do concello e no alumeado publico e de instalacións municipais.
2016072823513934750En definitiva, uns orzamentos que tardaron en realizarse máis do desexado, pero que amosan con creces a boa xestión que se esta a realizar dos fondos públicos municipais nos que se van investir 1,6 millóns de euros dos cales apenas 165.000€ son de fondos propios.
O actual goberno esta a realizar unha aposta pola transparencia, xa que entendemos que se debe facilitar o acceso do cidadán á información sobre a actuación do seu concello, as súas fontes, bases de datos e plans ou programas de actuación, co obxectivo de reforzar a súa confianza. Por iso, desde o Concello de Cambados estase a traballar por promover a integración e deliberacións públicas, mediante unha información real e obxectiva que promova a participación dos axentes implicados nas políticas públicas, para conseguir unha visión compartida dos asuntos públicos, e que son algunhas das estratexias que nos últimos tempos Cambados decidiu adoptar no marco da súa aposta política por desenvolver un proceso de fortalecemento democrático. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.