Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de agosto de 2017

O PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS CHEGA ÁS 17.000 VISITAS










O Portal de Transparencia do concello de Cambados chega ás 17.000 visitas

- O Concello de Cambados expón a Conta Xeral do exercicio 2016 a través do portal virtual

 A transparencia debe facilitar o acceso do cidadán á información sobre a actuación do seu concello, as súas fontes, bases de datos e plans ou programas de actuación, co obxectivo de reforzar a súa confianza.

Por iso, desde o Concello de Cambados fíxose unha aposta firme por promover a integración e deliberación públicas, mediante unha información real e obxectiva que promova a participación dos axentes implicados nas políticas públicas para conseguir unha visión compartida dos asuntos públicos. A adopción dun marco normativo propio a través da Ordenanza de Transparencia, Acceso á Información Pública e Reutilización de Datos do Concello de Cambados, que regulan a materia de transparencia, participación cidadá e/ou goberno aberto, e a posta en marcha de diferentes instrumentos de participación ou a promoción daqueles cambios organizativos que requira o novo paradigma, son algunhas das estratexias que nos últimos tempos o Concello de Cambados decidiu adoptar no marco da súa aposta política por desenvolver un proceso de fortalecemento democrático. 

Polo que se están a recadar os datos estatísticos do Portal de Transparencia do Concello de Cambados, o Portal tivo un total de 17.369 visitas dende a súa creación en Decembro de 2015. As paxinas máis visitadas foron a de Declaracións de Bens dos Concelleiros con 1.603 visitas, seguida de Ordenanzas con 1.491 visitas, Corporación e organización con 1.230 visitas, Transparencia na Contratación con 997, Taboleiro de Anuncios Virtual con 916, e Pleno Municipal con 653 foron as paxinas máis visitadas.

Publicada a Conta Xeral do Exercicio 2016
Este datos de visitas e gracias en parte a actualización constante do Portal, así o Concello de Cambados tamén publicou na Paxina web do Portal de Transparencia a Conta Xeral do exercicio 2016, documento que se atopa en exposición pública dende o pasado 7 de Agosto, e xunto coa liquidación de Gastos e Ingresos do pasado exercicio, o Resultado Orzamentario e o Remanente de Tesorería do exercicio 2016, así como os informes de estabilidade Orzamentaria da Liquidación do Exercicio 2016, e do cumprimento do Plan de Axuste Económico Financeiro na liquidación do exercicio 2016.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.