Un instante da pequena disputa. JAVIER CERVERA |
O grupo de traballo As Pontes Co Ensino Público, formado por pais do CPI Monte Caxado contrarios á extinción do centro, protagonizou unha nova acción reindicativa na Festa do Albariño de Cambados, onde lle entregaron unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que mostran a súa oposición á medida adoptada pola Consellería de Educación. Os ponteses tamén transmitiron as súas peticións ao conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.
A comitiva viviu un momento tenso ao producirse un forcejeo entre un dos seus membros e o persoal de seguridade de Feijóo, no que chegou a intervir a Garda Civil. Os ponteses atribúen o ocorrido a un malentendido e aseguran que todo se liquidou ao momento, lembrando o seu compromiso de respectar a celebración, na que tamén lle entregaron unha das camisetas reivindicativas que os acompañan desde o inicio das protestas a José Coronado, nomeado Cabaleiro do Albariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.