Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2017

O CAMBADÉS MANUEL FONTÁN ACADA O OURO NOS XOGOS OLÍMPICOS EUROPEOS DA XUVENTUDE












O "cambadés" nado en Vilanova, Manuel Fontán gañou o primeiro ouro para a delegación española neste FOJE Györ 2017, na final de C1 500m. O xoven canoista español gañou con gran solvencia e subiuse todo o máis alto do pódium.

Á final chegaba como un dos grandes favoritos, e a presión non puido con este mozo de 16 anos de idade que dominou a final e converteuse no único participante en baixar dos dous minutos, ao completar o percorrido en 1:58.666, case dous segundos menos que o seu inmediato perseguidor, o húngaro Benedek Horvath. O podio completouno o padeeiro checo Jiri Minarik.

O padexeiro do Náutico O Muiño de Ribadumia aínda vai dispoñer dunha segunda oportunidade para sumar unha nova medalla. O mozo participa mañá nas series clasificatorias do C-1 200, cuxa gran final terá lugar o sábado. O xoven vaise atopar practicamente cos mesmos rivais aos que superou no 500, aínda que a proba é moi diferente, xa que se necesita maior explosividad ante unha distancia tan curta. 



Por outro lado a tamén cambadesa Maria Perez buscará ou seu pase a final do Campionato do Mundo Junior que se disputa en Pitesti (Rumanía) no c1 500 metros as 15.00 h (14.00 h hora española)





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.