Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2017

PRESENTACIÓN EN CAMBADOS DA XXVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA














Este ano celebrarase a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, festa de recoñecido prestixio e un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia.
Cada ano realizase a presentación oficial nunha vila galega ou portuguesa pero este ano tiña que ser Cambados, no Pazo de Torrado, xa que foi declarada Cidade Europea do Viño 2017 e o viño é esencial para a nosa gastronomía.
A festa ten como protagonista a langosta pero acompañándoa hai unha gran variedade de produtos dun alto nivel culinario que veñen facendo as delicias dos paladares máis esixentes.
Na presentación amosáronse as novidades da programación que cada ano mudan para achegar a todos os gustos. Ademais houbo unha degustación de langosta, dos pratos mariñeiros, doces e viño que son o adianto a todo o que se poderá desfrutar durante esta festa gastronómica que xa conta coa declaración de festa de Galicia de interese turístico.
Xunto aos restauradores, a adega e a pastelería e facendo a presentación estivo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concellería de Turismo, Montserrat Magallanes, acompañados da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.