Con motivo da celebración mañá mércores do día do orgullo LGTBI, o Concello de Cambados realizará un acto conmemorativo no cal se dará lectura a un manifesto.
Por terceiro ano consecutivo, a bandeira do arco da vella estará presente no balcón da casa consistorial durante toda a semana.
Por terceiro ano consecutivo, a bandeira do arco da vella estará presente no balcón da casa consistorial durante toda a semana.
O evento realizarase ás 11:30 na praza do Concello.
A data do 28 de xuño, recoñecida mundialmente como "Día do Orgullo", conmemora os sucesos de Nova York do ano 1969, onde producíronse manifestacións espontáneas para protestar pola redada policial nun bar denominado Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Nas décadas dos anos 50 e 60 os gais e as lesbianas estadounidenses debían enfrontarse a un sistema legal moi hostil cos homosexuais. Todos os estados do país penalizaban o sexo homosexual consentido entre adultos no ámbito privado. En 1961 un home adulto podía ser acusado de "crime" por manter sexo con outro adulto de maneira consensuada na privacidade da súa casa e podía impoñérselle unha multa ou chegar a pasar entre cinco e vinte anos na cadea.
As movilizacións e manifestacións posteriores a redada policial do bar neoiorquino considéranse como a primeira vez que o colectivo LGTB de Estados Unidos comezou a loita polos seus dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.