Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2017

O CAMBADÉS MANUEL FONTÁN UNHA PROMESA DO PIRAGÜISMO






Manuel Fontán no medio


A liga Nacional de Jóvenes Promesas de Augas Tranquilas tivo a segunda competición da tempada no encoro de Trasona da cidade asturiana de Avilés, coa celebración da Copa de España de 1000 metros.

O Club Escuela de Piragüismo Cidade de Pontevedra sumou 482 puntos que lle daban a vitoria nesta competición. A segunda posición con 390 puntos levoulla o Club Náutico Sevilla, sendo a terceira praza para o Real Club Náutico Port de Pollença con 278 puntos.
Con esta vitoria o club pontevedrés dirixido por Miguel Ángel Villanueva ponse como líder provisional da liga nacional con 207 puntos, segundo con 204 puntos atópase o Club Náutico Sevilla e terceiro o Club Náutico Pontecesures con 200 puntos, que na cita asturiana foi sexto.
Os padexeiros galegos deron mostra da súa grandísimo nivel conseguindo numerosas medallas nas distintas probas disputadas, así ben o medalleiro reflectía 17 metais para os representantes autonómicos.

As primeiras  preseas do día chegaron da man do deportista do Club Kaiak de Foz Xoel García que foi o gañador da final A en o K1, nesta mesma proba Gabriel Martínez do Club Ribeiras do Tambre foi terceiro.

O cambadés Manuel Fontán do Club Náutico O Muiño-Santiago Roma logrou unha cómoda vitoria na final do C1 cadete A. Na carreira da categoría B da mesma modalidade o primeiro en cruzar a liña de meta foi Anxo Fuego do E.P. Cidade de Pontevedra.

A representante do Club A Torres Romaría Viquinga Carla Frieiro foi a gañadora da final K1 cadete A, Raquel Torres do Piragüismo Verducido conseguiu a terceira posición. As deportistas E.P. Cidade de Pontevedra Alejandra Manso e Fátima Moreira foron ouro e prata respectivamente en cadete B.

O outro dobrete do día para o E.P Cidade de Pontevedra conseguírono as canoistas María da Pena e Sara Abilleira en cadete A. Antía Vázquez do Club Piragüismo Rías Baixas levou a medalla de bronce en Cadete B.

As finais das embarcacións dobres deixábannos máis medallas para a delegación galega. Lara Feijoo e Joana dos Santos do Kaiak Tudense foron segundas en K2. Na final do C2, os dous barcos do E.P. Cidade de Pontevedra formados por Sara Abilleira xunto con Nuria Rodiño e María da Pena formando parella con Lucía Pérez conquistaron a segunda e terceira posición do podio.

Por último, as regatas de K4 e C4 deixáronnos tres metais máis. Na final de canoa a  primeira posición foi para os integrantes do Piragüismo Rías Baixas  Abel Lojo, Diego Vidal, Brais Carnota e Juan López, o segundo posto foi para os catro padexeiros do Club As Torres Manuel Castaño, Anxo Catoira, Iago Zurita e Javier Pereira.

A final masculina de K4 deixábanos a última medalla galega desta copa. A tripulación do Piragüismo Verducido formada por Joaquín Iglesias, Miguel Paz, Luís Pazos e Gabriel Saavedra foron segundos a tan só 250 milésimas da primeira posición que foi parar ás mans dos asturianos do Piragüismo Villaviciosa.
A próxima competición da liga de Novas Promesas celebrarase en Villalcampo (Zamora) o próximo 24 de xuño. A regata será para a categoría infantil sobre a distancia de 3000 metros.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.