O Concello de Cambados constituíu hoxe a comisión organizadora dos actos da Cidade Europea do Viño 2017.
O órgano consultivo está composto por representantes de todos os grupos municipais, da Xunta, a Mancomunidade do Salnés, a Federación de Empresarios de Arousa, a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro, do Capítulo Serenísimo do Albariño, a Ruta do Viño e o Consello Regulador da DO Rías Baixas.
Os seus integrantes asinaron esta mañá o documento constituínte nun acto celebrado no salón de plenos do Concello de Cambados.
A comisión organizativa reunirase o primeiro luns de cada mes para analizar as distintas actuacións previstas durante este ano dentro do programa de celebración de Cambados Cidade Europea do Viño.
Dentro das actividades xa programadas, o paseo marítimo de Cambados contará ata o 30 de xuño cunha exposición de esculturas de pedra sobre os oficios e a emigración, realizada polos alumnos da escola de canteiros da Deputación de Pontevedra.Son 17 figuras de granito que se complementan cunha lagareta coas súas respectivas botellas.
A exposición e os traballos en pedra foron inaugurados institucionalmente esta mañá coa visita da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.