Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2017

"CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO" PRESENTE EN LISBOA














A Casa de Galicia en Lisboa acolle a presentación de Rías Baixas "Moito por descubrir"

Carmela Silva subliña a emoción e o agradecemento por estar nun centro galego "que é un pequeno anaco que deixaron os que emigraron de todos e todas nos"
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou hoxe o profundo agradecemento ao Centro Galego de Lisboa por acoller a presentación de Rías Baixas "Moito por descubrir".  Afirmou sentirse moi emocionada por estar nun centro galego "onde tantos homes e mulleres que emigraron de Galicia  deixaron un anaco de todos e todas nos, alí onde se asentaron".
Carmela Silva, que estivo acompañada pola deputada de Xuventude, Digna Rivas; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey; a concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giraldez; e o concelleiro de Cambados, Xurxo Charlin, comezou a súa intervención destacando que para os galegos  "cando estamos en Portugal nos sentimos na nosa casa aínda que as fronteiras políticas moitas veces nos alonxaron". A Presidenta subliñou que compartimos con Portugal moitas cousas "pola nosa cercanía ao Océano Atlántico" polo que é un "enorme orgullo" estar hoxe en esta cidade que é unha das mellores de Europa "pola que moitos galegos son sentimos moi atraídos" e "nos sentimos encantados de mostrarlles aquí o noso destino turístico, Rías baixas". Foi o presidente da Casa de Galicia en Lisboa, Alvaro Moreira, quen agradeceu á Deputación de Pontevedra, que escolleran esta localización para presentar o destino turístico das Rías Baixas animando a todos os presentes a visitalo. 
A presidenta da Deputación mantivo que as Rías Baixas vincúlanse a miúdo coas súas preciosas praias e a súa exquisita gastronomía. "E non é para menos, porque vivimos nun paraíso natural que nos regala produtos marabillosos que levamos á mesa combinando a tradición e a innovación. Pero as Rías Baixas son inmensamente ricas en atractivos e temos moitísimo que ofrecer as catro estaciones e os doce meses".
Silva resumiu a campaña de promoción en tres activos moi poderosos. "Os Festivais Rías Baixas, unha referencia cultural e musical xa consolidada e cunha enorme proxección nacional e internacional; os seis camiños de Santiago que cruzan a provincia, nos que podemos ver moito do que podemos mostrar ao mundo nas Rías Baixas; e a cultura do viño. Temos o orgullo de contar nada menos que coa capital vitivinícola de Europa este ano, o municipio de Cambados".
Precisamente o camiño portugués a Compostela, que é un eixo da campaña de promoción, Silva subliñou que "nas Rías Baixas hai ata seis Camiños, que cada ano percorren máis peregrinos. O ano pasado foron 65.000 e este superarase holgadamente esa cifra. Compartimos con Portugal dous deles, aos que temos especial agarimo. Son o Camiño Portugués tradicional, un dos preferidos por quen se dirixe cara a Compostela, e o Camiño da Costa, unha variante desde o Río Miño camiñando xunto ao Océano e a Ría de Vigo. As Rías Baixas son o paso natural dos nosos irmáns portugueses cara a Santiago e estamos orgullosos de que coñezan a nosa terra, cultura e patrimonio. Ao longo da historia os camiños foron un gran vínculo social, económico e cultural entre Galicia e Portugal e queremos impulsalo con máis forza aínda".   
Ademais das variantes do camiño, a Presidenta animou aos veciños lusos a achegarse as Rías Baixas para desfrutar da música dos festivais porque "este ano, ademais, apostamos aínda máis forte porque pasamos de sete festivais a oito máis un. Nas Rías Baixas quen nos visita poden pasar todo o verán de festival en festival: desde o 30 de xuño ata o 9 de setembro temos cita practicamente todas as semanas. Cada festival é único e ten o seu estilo propio, pero todos eles celebran actividades para todos os públicos".
Carlos Domínguez, voceiro dos RiasbaixasFest, destacou que é "unha sorte formar parte dun proxecto como este que recolle o que chamamos a "lifestyel" dos xoves actuais e que pretendemos que se converta nun referente turístico a nivel internacional".  
Todo elo, dixo Carmela Silva, a menos de 50 minutos coa nova enlace aérea diaria da TAP entre Vigo e Lisboa. Precisamente  Paulo Salles, da compañía aérea lusa, destacou a aposta da TAP por Galicia "pola gran atracción desta rexión para o mercado luso. Seguimos apostando polo potencial de viaxes entre ambas comunidades e mostrar a riqueza de ambos países".
Pola súa parte, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, puxo en valor a Capital Europea do Viño, que acolle a súa cidade este ano asegurando que nesta vila do Salnés "soubemos traspasar de pais a fillos o amor polas nosas variedades propias e, ademais, logramos contalo ao mundo convertendo este saber facer nun reclamo turístico moi propio".
Abal animou a todos a visitar a súa vila  porque "quen se achegue a Cambados, non só poderá saborear os nosos viños e tamén os nosos apreciados mariscos, senón que terá ao seu alcance unha oferta turística amplísima integrada por praias, rutas por fermosísimos paraxes, festivais culturais, actividades ligadas ás novas tecnoloxías e, como non, propostas que non esquecen a nosa historia, pois Cambados é en si mesmo todo un museo ao aire libre".
Tamén Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas, uniuse a esta presentación en Lisboa sinalando que a súa vila, que este ano vai contar con dous festivais musicais, reúne ademais todos os eixos da campaña de promoción, ao ser atravesado polo camiño a Compostela, "ser un referente no termalismo e contar tamén cunha oferta de enoturismo".
A concelleira de Turismo de Nigrán, Raquel Giráldez, tamén coincidiu en que a  súa localidade tiña que estar presente en Lisboa porque reúne o paso da variante do camiño a Compostela pola Costa, un dos festivais de referencia e unha variada oferta de praia e sol.  
Por último, Carmela Silva, sinalou que as Ría Baixas son mar, terra, gastronomía, patrimonio, historia, flora, fauna, praias, cultura, termalismo  e viño, entre outros moitos atractivos, "as Rías Baixas son todo isto e moitísimo máis, como dixen. Explicalo nos leva moito tempo. O mellor é velas e vivilas. Convidamos a todo o mundo a vir coñecelas".






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.