Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2017

PRESENTADA A GUÍA DAS CASA-MUSEO VALLE-INCLÁN














A Consellería de Cultura e Educación e o Concello da Pobra do Caramiñal presentaron esta tarde a primeira guía conxunta dos museos Valle-Inclán deste municipio e mais de Vilanova de Arousa, unha obra que tamén inclúe información sobre as rutas valleinclanianas en ambas as localidades.
A sede do Museo Valle-Inclán do municipio coruñés foi o escenario da presentación, na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o interese da obra para difundir o legado literario e a traxectoria vital do dramaturgo en relación cos dous concellos e coas súas respectivas casas-museo.
“Por primeira vez, unha publicación ofrece unha visión conxunta destas dúas institucións e localidades, vencelladas a través dun dos escritores de referencia da literatura universal”, afirmou o secretario xeral, que participou no acto xunto co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García, e mais co director do Museo Valle-Inclán neste municipio, Antonio González Millán.
Con contidos sobre as dúas casas-museo integramente anovados, tanto no que se refire aos textos como ás imaxes, a guía da autoría de Antonio González Millán e Rosa Mª Brea Paz, responsables de dirección na Torre de Bermúdez e no Pazo do Cuadrante. A obra, que foi publicada pola Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración cos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, preséntase en versión trilingüe (galego, castelán e inglés), para favorecer a súa interpretación entre os visitantes duns centros onde recalan viaxeiros, excursionistas e escolares de variada procedencia xeográfica.

A guía, na Libraría Institucional da Xunta de Galicia


Ademais dos visitantes das casas-museos, as persoas interesadas tamén poden conseguir a guía solicitándoa a través da páxina web da Libraría Institucional da Xunta de Galicia, en https://libraria.xunta.gal/es/guia-valleinclaniana-casa-museo-valle-inclan-vilanova-de-arousa-museo-valle-inclan-a-pobra-do, mediante o pago do porte do envío postal. 
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.