Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2017

I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE















O prazo de presentación dos traballos comeza o mércores 5 de abril e durará dous meses

A Deputación de Pontevedra publica este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases da primeira convocatoria dos "Premios Provinciais á Xuventude", dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. Ademais, o mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño.

As sete categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa social (dous premios) e iniciativa empresarial (outros dous premios), para ambos os casos con proxectos de proxección e impacto social que favorezan a igualdade; blogs (tres premios) que promovan a igualdade, a educación en valores, a formación, o asesoramento, as actividades de voluntariado, culturais e/ou deportivas dirixidas á mocidade; educación en valores (dous premios) para proxectos que persigan a consecución da non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como a prevención do acoso escolar e o ciberacoso; traballo musical (tres premios) para persoas sen contratos discográficos vixentes; traballo literario breve (tres premios) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).

Todas as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 2.000 € ao primeiro premio e 1.000 € ao segundo, para aquelas que contan con dous galardóns; e 1.500 € ao primeiro, 1.000 € ao segundo e outros 500 € ao terceiro premio nas categorías con tres galardóns asignados.

Nas bases dos "I Premios Provinciais á Xuventude" poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios de presentación dos mesmos e a documentación que deberán adxuntar a maiores en cada unha das categorías.

Podes consultar as bases neste enlace





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.