Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
31 de marzo de 2017
ZONA CENTRO CONVOCA UN CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS
A asociación de comerciantes Zona Centro presentou hoxe o primeiro Concurso de Embelecemento de Balcóns e Ventás da Semana Santa 2017, co que pretende realzar o encanto de Cambados durante as festividades. O acto de presentación asistiu o secretario da asociación Bruno Somoza, o Concelleiro de economía Xurxo Charlín, e o de Benestar Tino Cordal.
O concurso está aberto a todos os veciños, que participarán en dúas categorías, unha para balcóns e ventás, e outra para escaparates. A inscripción é gratuíta, e poderase facer do 1 ata o 11 de abril mediante correo electrónico ou en persoa, nas oficinas da asociación de comercio.
O gañador da categoría balcóns e ventás terán como premio un cofre regalo "Spa-Benestar" de fin de semana para dúas persoas, mentres que o da categoría escaparates obterá un cofre regalo "Casa Rural" dunha estancia de fin de semana para dúas persoas.
BASES

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.