Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2017

A POLICÍA AUTONÓMICA VOLVE A INSPECCIONAR A CAMBADOS










Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo durante a pasada semana un total de 238 inspeccións de control de menores en 22 concellos galegos.
Por parte dos distintos grupos de menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, leváronse a cabo 30dispositivos de control de menores en risco de desamparo, consumo de alcohol, tabaco e drogas en menores de idade, nos concellos da Coruña, Ames, Ares, Bergondo, Camariñas, Cambados, Ferrol, Foz, Lugo, Marín, Mugardos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oroso, Ourense, Pontevedra, Porto do Son, Santiago, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 19 actas de infraccións á Lei 11/2010: 3 actas por consumo de alcohol e 15 actas por venda de alcohol; así como 1 acta de infracción á Lei 42/2010 de medidas contra o tabaquismo por venda de tabaco. Foron identificadas 68 persoas e inspeccionadas 238 zonas de ocio, locais e centros comerciais.
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.