O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora, motivo polo que o Concello ten deseñado un calendario de actividades para todo o mes que están íntimamente relacionadas co papel da muller coa fin de darlle esa visibilidade que é tan precisa.
As actividades están dirixidas a diferentes franxas de idade e poderán participar en condicións de igualdade todos aqueles que así o queiran, é dicir, os homes están especialmente invitados a participar en todas as actividades, posto que na igualdade e a loita contra o machismo, o home desempeña tamén un papel moi importante.
As actividades organizadas polo Concello de Cambados vanse realizar xunto coas actividades que o CIM do Salnés ten proxectadas para os tres Concellos Mancomunados, e xunto coas que a Deputación de Pontevedra ten programadas.
Que este mes sexa un mes especial para a muller, non significa que o resto do ano non se vaian realizar actividades, nin moito menos relacionadas con este ámbito. As mulleres estarán presentes os doce meses do ano neste Concello con actividades moi diversas adicadas especialmente á loita pola igualdade e ao rexeitamento ás violencias machistas.
O proxecto leva por Título “Por min, por ti, por todas” e consta de 5 grupos de actividades:
A primeira actividade é un Obradoiro que se vai levar a cabo nos Institutos Francisco Asorey (día 7 de marzo) e Ramón Cabanillas (día 2), no que se van a tratar 3 grandes bloques:
1.- Cuestións de estereotipos: as profesións
2.- As mulleres na Historia
3.- Publicidade sexista (o papel da muller na publicidade e promococión de calquer tipo de producto)
A segúnda actividade é unha sesión de cine, coa proxección de dúas películas, o sábado 4 de marzo, con entrada gratuita, que se deberán recoller no Concello:
-Zootrópolis (película infantil de Disney, na que precisamente se rompe cos estereotipos sobre a muller e neste caso, pois nas profesións que unha muller segundo os estereotipos podería desempregar ou non). Haberá dous pases, un ás 17.00 e outro ás 19.00
-E un documental, que se vai proxectar sobre a figura da muller
*Women Art Revolution
O día 8 , ademáis da lectura do Manifesto, como é de costume, faráse unha actividade cos nenos e nenas dos colexios, na que cada neno e nena colgará frases nunha parede que se chamará “O muro das palabras bonitas para as mulleres fermosas”.
O sábado día 11 realizarase un Obradoiro de autoestima e motivación para mulleres, que leva por título “Un día para nós, ese é o comezo”, no que precisamente se tratarán temas para aprender a valorarse, rexeitar o malo e unha dinámica de risoterapia. Levarase a cabo no Salón Peña, terá unha duración de 3 horas, e un límite de prazas de 20 mulleres.
O domingo día 12 de marzo, será o día da Gala da muller, no que se agasallará como é costume a mulleres a proposta de diferentes asociacións e tamén un pequeno obsequio á muller máis lonxeva do noso Concello, e nese mesmo acto, se estreará o Documental “Mulleres sen maquillar, sen filtros” sobre a vida da muller traballadora en Cambados e a súa evolución ao longo dos anos.
É unha programación moi variada, dirixida a diferentes públicos pero cunha idea subxacente común en todas elas: a importancia do rol da muller na sociedade, a súa visibilidade e a igualdade, e que esa igualdade sexa real e efectiva.
Todas as actividades en PDF
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.