Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de enero de 2017

NOVOS CURSOS SMART-PEME EN EXPOSALNÉS











O proxecto SmartPeme da Deputación levará a cabo seis cursos en xaneiro no Centro Exposalnés de Cambados

SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de xaneiro, seis obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.
As quendas para o mes de xaneiro, todas elas en horario de 19:00 horas, son as seguintes: o mércores 11 de xaneiro, "Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing". O martes 17 impartirase "Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais". O xoves desa mesma semana, o 19, "A túa páxina web en menos de 90 minutos", ao que lle seguirá, o mércores 25, "Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución?" e "Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google?", o venres 27. Xa por último, o martes 31 de xaneiro, desenvolverase o obradoiro "Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas". A oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.es.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.