Na OMIX de Cambados xa tes a tua disposición a información sobre:
· Axudas para a matrícula universitaria en Galicia
· Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior
· Esta aberto o prazo para novos procedementos de acreditación de competencias profesionais.
Axudas para a matrícula universitaria en Galicia
|
A Consellería de Educación convoca axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2016/17.
Requisitos:
Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE nº 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá de estar matriculado como mínimo de 45 créditos.
Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2014/15 ou no 2015/16 e non ter obtido a bolsa no curso 2016/17.
Ter superado no curso 2015/16 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:
– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %. – En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.
Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula.
Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
Familias de 1 membro: 14.112,00 €. Familias de 2 membros: 24.089 €. Familias de 3 membros: 32.697 €. Familias de 4 membros: 38.831 €. Familias de 5 membros: 43.402 €. Familias de 6 membros: 46.853 €. Familias de 7 membros: 50.267 €. Familias de 8 membros: 53.665 €. A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 € por cada novo membro computable da familia. A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas, que é dun máximo de 862,90 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e dun máximo de 618,10 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de febreiro de 2017
Máis información no DOG do 16 de xaneiro de 2017
Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior
A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Máis información :
no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en www.edu.xunta.es/fp |
Proceso de acreditación de competencias profesionais
|
A Consellería de Educación convoca un procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Cualificacións profesionais convocadas:
Familia Administración e xestión:
Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela Actividades de xestión administrativa A Consellería de Educación convoca un procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Cualificacións profesionais convocadas:
Familia Administración e xestión:
Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes Aproveitamentos forestais Actividades de floraría Produción de sementes e plantas en viveiro Familia Comercio e márketing: Actividades de venda Organización e xestión de almacéns Actividades de xestión do pequeno comercio Xestión comercial inmobiliaria Familia Edificación e obra civil: Fábricas de albanelaría Armaduras pasivas para formigón Cubricións inclinadas Encofrados Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas Pavimentos e albanelaría de urbanización Revestimentos con pastas e morteiros en construción Colocación de pedra natural Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos Pintura decorativa en construción Revestimentos con pastas e morteiros en construción Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción Familia Electricidade e electrónica: Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos Familia Fabricación mecánica: Mecanizado por arranque de labra Soldadura Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial Familia Hostalaría e turismo: Cociña Repostaría Pastelaría e confeitaría Servizos de bar e cafetaría Servizos de restaurante Recepción Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos Familia Imaxe persoal: Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe Coidados estéticos de mans e pés Peiteado Coidados estéticos de mans e pés Familia Industrias alimentarias: Repostaría Panadaría e bolaría Pastelaría e confeitaría Familia Informática e comunicacións: Sistemas microinformáticos Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos Operación de redes departamentais Operación de sistemas informáticos Familia Instalación e mantemento: Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas Familia Madeira, moble e cortiza: Traballos de carpintaría e moble Mecanización de madeira e derivados Acabamento de carpintaría e moble Montaxe de mobles e elementos de carpintaría Mecanización de madeira e derivados Instalación de mobles Montaxe de mobles e elementos de carpintaría Instalación de elementos de carpintaría Familia Química: Operacións básicas en planta química Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos Ensaios físicos e fisicoquímicos Análise química Familia Sanidade: Transporte sanitario Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes Farmacia Familia Servizos socioculturais e á comunidade: Educación infantil Familia Transporte e mantemento de vehículos: Pintura de vehículos Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos Mantemento do motor e dos sistemas eléctrico, de seguridade e confortabilidade de maquinaria agrícola, de industrias extractivas e de edificación e obra civil
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 3 de febreiro de 2017
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED517B
Máis información no DOG do 12 de xaneiro de 2017 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.