Protección Civil de Cambados leva neutralizados preto de 80 niños de avispa asiática desde setembro, data na que a Xunta os dotou de traxes para facer fronte a esta especie, ata onte sábado no que tiveron que intervir na parroquia de Corbillón para eliminar outro avispero.
Cabe destacar que deses 80 niños a meirande parte foron erradicados na zona de paseo na desembocadura do Umia.
A zona de Vilariño tamén é un foco de abundantes niños de velutina.
A zona de Vilariño tamén é un foco de abundantes niños de velutina.
Desde a Xunta desenvólvese un programa de vixilancia e control da denominada Vespa Velutina e piden a colaboración da cidadanía para alertar ante a aparición dalgún insecto ou de niños desta especie.
Esta avispa é un insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en pelgro o futuro da produción apícola e diminuíndo o importante papel polinizador que desenvolven as abellas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.