A OMIX de Cambados informa de novos cursos e actividades.
· Curso de prevención de conductas violentas (Cruz roja)
· Cursos de atención sociosanitaria - on line
· Intercambio xuvenil en Londres
· Actividades para maiores: reforzó da memoria a través da escritura
Está aberto tamén, o prazo de inscrición para os cursos a distancia:
- SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS EN EL DOMICILIO (600 horas - Presenciais 45 h)
- SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDIENTES EN INSTITUCIONES SOCIALES (450 horas – Presenciais 32 h)
Requisitos de acceso alumnos:
- Ter entre 16 y 29 anos
- Tener cursada a ESO
- Ser desempregado ou traballar con grupo de cotización 06, 07, 09, o 10.
Los candidatos deberán aportar:
· Anexo de Solicitud cumplimentado y firmado (se adjunta)
· Fotocopia del DNI y Seguridad Social
· Tarjeta demanda de empleo, si es desempleado o cabecera de la última nómina, si es trabajador.
· Fotocopia de los estudios académicos cursados.
· Informe de Vida Laboral Negativa (para los desempleados que no han accedido a su primer empleo).
· Informe de Períodos de Inscripción del INEM (para los personas inscritas como demandantes en la oficina de empleo al menos 12 meses en los 18 meses anteriores a la selección).
Erasmus+: Xuventude en Acción. Intercambio xuvenil en Londres “Let´s dream big”
|
|
O programa Erasmus+ pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é socia no proxecto “Let´s dream BIG”, que organiza a ONG Renegade Talent coa colaboración da ONG New International Company of Live Arts (Nicola).
Obxectivos: O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 40 mozos e mozas de España e Reino Unido terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil bilateral, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: grupos de traballo, foros de discusión, encontros con asociacións culturais e con representantes de entidades locais, entre outras.
Mediante a colaboración por un obxectivo común, como a participación na planificación en conxunto, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear oportunidades de traballo. Así mesmo, compartir experiencias agregará valor ao proxecto en si.
Países participantes: Reino Unido e España
Datas de realización do intercambio: do 12 ao 21 de febreiro de 2017.
Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) motivados/as a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados/as en establecer unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego e con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
Prazas: 20 prazas
Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de decembro de 2016.
Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección).
Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
Observación: a organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na factura.
Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación.
De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.
Confirmada a praza nos 5 días seguintes laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir a galeuropa@xunta.es a seguinte documentación:
- Factura e billetes de transporte ata a cidade de Londres
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
- Documento acreditativo dos coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe ou declaración asinada polo/a solicitante no que reflicte posuír coñecementos na materia.
Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.
Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Máis información: galeuropa@xunta.es
Teléfonos: 981 544 645 e 981 544 869
|



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.