TELÉFONOS DE INTERESE

21 de diciembre de 2016

A OMIX DE CAMBADOS COMUNICA NOVOS CURSOS E ACTIVIDADES












A OMIX de Cambados informa de novos cursos e actividades.


·         Curso de prevención de conductas violentas (Cruz roja)
·         Cursos de atención sociosanitaria - on line
·         Intercambio xuvenil en Londres
·         Actividades para maiores: reforzó da memoria a través da escritura




Está aberto tamén, o prazo de inscrición para os cursos  a distancia:
  • SSCS0108 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS EN EL DOMICILIO   (600 horas - Presenciais  45 h)


  • SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDIENTES EN INSTITUCIONES SOCIALES                          (450 horas – Presenciais 32 h)



Requisitos de acceso alumnos:

-      Ter entre 16 y 29 anos
-      Tener cursada a ESO
-      Ser desempregado  ou traballar con grupo de cotización 06,  07, 09, o 10.


Los candidatos deberán aportar:
·         Anexo de Solicitud cumplimentado y firmado (se adjunta)
·         Fotocopia del DNI y Seguridad Social
·         Tarjeta demanda de empleo, si es desempleado o cabecera de la última nómina, si es trabajador.
·         Fotocopia de los estudios académicos cursados.
·         Informe de Vida Laboral Negativa (para los desempleados que no han accedido a su primer empleo).
·         Informe de Períodos de Inscripción del INEM (para los personas inscritas como demandantes en la oficina de empleo al menos 12 meses en los 18 meses anteriores a la selección).   



Erasmus+: Xuventude en Acción. Intercambio xuvenil en Londres “Let´s dream big”



nicola
O programa Erasmus+ pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é socia no proxecto “Let´s dream BIG”, que organiza a ONG Renegade Talent coa colaboración da ONG New  International Company of Live Arts (Nicola).
Obxectivos: O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 40 mozos e mozas de España e Reino Unido terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil bilateral, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: grupos de traballo, foros de discusión, encontros con asociacións culturais e con representantes de entidades locais, entre outras.

Mediante a colaboración por un obxectivo común, como a participación na planificación en conxunto, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear  oportunidades de traballo. Así mesmo, compartir experiencias agregará valor ao proxecto en si.


Países participantes: Reino Unido e España

Datas de realización do intercambio: do 12 ao 21 de febreiro de 2017.


Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) motivados/as a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados/as en establecer unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego e con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.

Prazas: 20 prazas

Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de decembro de 2016.

Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección).

Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.

Observación: a organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na  factura.

Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude.

Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática  e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio.

Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación.

De non recibir confirmación desta o último día de inscrición, entenderase que non obtivo praza para participar no intercambio.

Confirmada a praza nos 5 días seguintes  laborables, os/as seleccionados/as deberán remitir  a galeuropa@xunta.es a seguinte documentación:

- Factura e billetes de transporte ata a cidade de Londres

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria Europea ou póliza de seguro de viaxe, de accidente e  de enfermidade.

- Documento acreditativo dos coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe ou declaración asinada polo/a solicitante no que reflicte posuír coñecementos na materia.

Recibidas correctamente as copias dos documentos solicitados, aos/ás seleccionados/as facilitáraselles posteriormente os datos de contacto do coordinador que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro na cidade de realización do intercambio.

Se houbera algunha baixa despois da adxudicación das prazas, ofertarase aos seguintes na lista de espera, tendo que presentar estes a documentación precisa nun prazo de 3 días laborais trala comunicación.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Máis información: galeuropa@xunta.es

Teléfonos: 981 544 645 e 981 544 869











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.