O concello de Cambados contará este sábado cunha carpa de concienciación cidadá sobre reciclaxe, baixo o lema “Separemos ben, reciclaremos mellor” queremos animar tanto a adultos como a nenos a visitar a aula móbil.
A carpa instalarase na praza do Concello, e contará con persoal de 11h a 14h e de 16h a 18h.
Esta actividade coordinada pola Concellería de Medio Ambiente terá continuidade ao longo do 2017, tendo xa prevista novas datas para actividades de concienciación sobre a reciclaxe de aparatos eléctricos e a protección das praias e o medio mariño, ademáis de actividades exclusivas para os colexios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.