O deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, subliñou onte que a nosa provincia oferta unha experiencia enoturística única e diferente vertebrada arredor da Denominación de Orixe Rías Baixas, dentro da que se producen algúns dos mellores viños do mundo.
Santos Héctor participou onte domingo na inaguración do Día Europeo del Enoturismo 2016, que a vila de Cambados celebrou cunha serie de actos que comezaron cunha cata celebrada no Salón Peña.
O deputado de Turismo destacou que dende a Deputación de Pontevedra "estamos a traballar para impulsar e poñer en valor o enoturismo que, estou seguro, converterá a nosa provincia nun destino de referencia no que é posible unir a tradición vitivinícola coas máis modernas propostas de ocio, nunha paraxe natural e cun patrimonio histórico inigualable. Unha oferta que abrangue desde visitas guiadas a bodegas ata festas vitivinícolas, visitas a pazos históricos, aloxamentos en adegas ou degustacións gastronómicas nas súas instalacións, ben seguindo a cociña máis tradicional ou a nouvelle cuisine".
Precisamente a celebración do Dia Europeo do Enoturismo coincide co nomeamento de Cambados, que xa é a "vila do Albariño", e que en 2017 ostentará este título co de "Cidade Europea do Viño 2017", para a cal Santos Héctor xa anunciou todo o apoio ao seu concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.