Comezou a campaña da centola e do boi de mar nas provincias da Coruña e de Pontevedra.
Despois de 5 meses de paro, o boi e a centola volven á lonxa. Onte comezou a campaña, pero as expectativas, non parecen ser moi boas.....
Un cento de barcos galegos participan na campaña da centola e do boi de mar, que comezou onte nas provincias da Coruña e Pontevedra. En Lugo non comezará ata o mes de decembro.
Os mariñeiros, que xa chegaron a terra, queixanse da escaseza de produto. Tanto en Ribeira, Cambados e O Grove os mariñeiros sinalan que non foran capaces de chegar ao tope.
Cabe lembrar que a cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao cal se engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.