Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de agosto de 2016

PUBLICADAS AS BASES PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO








A Xunta de Goberno Local do Concello de Cambados en sesión do 11.08.2016, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados, para o curso 2016/2017, na súa consecuencia, e en cumprimento do disposto polo artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

O Concello destinará este ano 18.000 euros a esta partida, 6.000 euros máis que o adicado o ano pasado, segundo informa a concelleiro de Economia e Facenda Xurxo Charlín.
As Bases xunto cos formularios publicaronse na paxina web municipal e no portal de transparencia, e poderanse solicitar unha vez sexan publicadas as mesmas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
O importe máximo da axuda será de 120 € para aqueles solicitantes que obteñan a maior puntuación, distribuíndose os importes restantes en función da puntuación obtida, ata esgotar o crédito asignado ó proxecto.
Cando o número de solicitudes aceptadas non esgote ó crédito máximo previsto, poderase outorgar a cantidade máxima a cada unha delas, se así se motiva.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.