Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2016

OUTRO GRAN TRIUNFO DE VELOSO NA VOLTA A PORTUGAL











Gustavo Veloso entra vencedor na meta da Guarda.



A etapa raíña, para un espectacular Gustavo Veloso, sen dúbida o máis forte da 78ª edición da Volta a Portugal. A segunda vitoria xa nesta edición da Grandíssima para o galego.
Veloso venceu na meta da Guarda cun tempo de 4h:55:49. A 5 segundos chegou Daniel Silva (Radio Popular) e a 6 segundos Raúl Alarcón, compañeiro de Veloso no W52-FC Porto. O líder, Rui Vinhas, tamén do W52-FC Porto, mantivo a camisola amarela tras entrar na liña de meta en quinta posición a 10 segundos de Veloso.
Trala vitoria na sexta tirada, con dúas ascensións á Torre, de categoría especial, e tres portos de terceira nos últimos quilómetros, Gustavo César Veloso achégase un pouco máis á camisola amarela e xa está a 2:25 do seu compañeiro Rui Vinhas. Terceiro é Daniel Silva a 2:53 e Joni Brandão, líder do Efapel, queda cuarto a 3:13 do líder.
Brandão foi o gran protagonista da sexta etapa, saltando do pelotón na segunda ascensión a Torre, a 86 quilómetros de meta. Chegou a ter case dous minutos de vantaxe, pero o traballo dos compañeiros de Veloso no W52-FC Porto fixeron posíbel botar abaixo a escapada a dous quilómetros da meta. Na última costa na Guarda, Veloso impuxo a súa clase. 
Este xoves disputarase a sétima tirada, de 182 quilómetros, entre Figueira de Castelo Rodrigo e Castelo Branco. Tralas dúas vitorias de etapa, Veloso segue con opcións de gañar a terceira Volta a Portugal.

1. Gustavo Veloso (W52-FC Porto) 4h:55:49
2. Daniel Silva (Rádio Popular-Boavista), a 5 segs.
3. Raúl Alarcón (W52-FC Porto), a 7s
4. Vicente de Mateos (Louletano), a 10s
5. Rui Vinhas (W52-FC Porto), a 10s
6. Amaro Antunes (LA Alumínios-Antarte), a 21s
7. Joni Brandão (Efapel), a 21s
8. Henrique Casimiro (Efapel), a 26s
9. Rui Sousa (Rádio Popular-Boavista), a 32s
16 Álex Marque (LA Alumínios-Antarte), a 6:39
77. Óscar G. Brea (Sporting-Tavira), a 44:21
Clasificación xeral
1. Rui Vinhas (W52-FC Porto) 26h:36:55
2. Gustavo Veloso (W52-FC Porto) a 2:25
3. Daniel Silva (Rádio Popular-Boavista) a 2:53
4. Joni Brandão (Efapel) a 3:13
5. Raúl Alarcón (W52-FC Porto) a 3:38
6. Vicente de Mateos (Louletano) a 3:46
7. Amaro Antunes (LA Alumínios-Antarte) a 3:55
8. Henrique Casimiro (Efapel) a 4:05
13. Álex Marque (LA Alumínios-Antarte) a 11:17




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.