Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2016

AFUNDE UN BARCO DE CAMBADOS. Os seus tripulantes están a salvo










Os cinco tripulantes do pesqueiro "Segundo Durán" con base en Cambados que afundiu ao Leste de Sálvora, en Aguiño,  foron rescatados sans e salvo. 
Ao fío da 01:30 horas desta madrugada, Urxencias Médicas comunicaba ao CAE 112 Galicia que un alertante lles indicara que o barco se lles fora a pique e que os tripulantes estaban todos nunha balsa. Decontado, pasouse aviso a Salvamento Marítimo que xa tiñan constancia do suceso. De feito, unha embarcación e un helicóptero xa se dirixían cara o lugar. Finalmente, os tripulantes foron recollidos por outra embarcación, sans e salvos. Pese a que, nun primeiro momento non requirían asistencia sanitaria, unha ambulancia se desprazou, igualmente, ata o Porto de Cambados onde o persoal sanitario valoraría o estado dos tripulantes.
Dende o 112 Galicia tamén se informou do suceso ao persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e á Garda Civil. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.