Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de julio de 2016

QUINCE EMPRESAS DO SALNÉS BENEFÍCIANSE DE AXUDAS DO INEGA














O INEGA aprobou varias liñas de subvencións relativas á realización de auditorías enerxéticas, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores da industria e servizos, e implantación de sistemas de xestión.
O obxectivo destas axudas é impulsar as iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables e deste xeito fomentar o uso racional da enerxía e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicas de Galicia.
Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, e na procura de incentivar a transformación da actividade industrial en Galicia cara a unha industria 4.0 que aumente a súa competitividade nun mercado global, o Inega establece este sistema de subvencións, complementario aos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética en empresas do sector industrial e servizos. “As actuacións que se van desenvolver enmárcanse dentro da Estratexia Enerxética de Galicia 2015-2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que alude á utilización do aforro e eficiencia enerxética como instrumento para a mellora da competitividade e o fomento do emprego”, matizou o delegado territorial.
A dotación da presente convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2016 ascendeu a 9.568.654,00 euros de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
No eido das auditorías enerxéticas, o 58% dos proxectos aprobados corresponderon á provincia de Pontevedra, 11 de 19, dos cales 8 foron a parar a empresas do Salnés situadas en Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía. No caso desta liña de axudas, a Xunta subvenciona o 50% do proxecto presentado.
No caso dos proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector da Industria, das 157 iniciativas aprobadas, 61 corresponden á provincia de Pontevedra, véndose beneficiadas dúas empresas de Ribadumia, e unha Cambados e outra de Meis. A Xunta aporta o 40% do total de cada proxecto.
Finalmente, no caso das iniciativas de aforro no sector servizos, dos 51 proxectos aprobados, 17 corresponden á provincia de Pontevedra, é dicir, o 33%, beneficiándose no Salnés unha empresa de Meis e dúas de Sanxenxo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.