Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de julio de 2016

FÁTIMA ABAL PARTICIPA NA APERTURA DO I CUMIO DE ALCALDESAS “POLÍTICA EN FEMININO













"UNHA NOVA PERSPECTIVA NOS MUNICIPIOS"


Hoxe celebrouse en Moaña o I Cumio de Alcaldesas baixo o lema “Política en Feminino: unha nova perspectiva nos municipios”, que nace como un acto participativo para o intercambio de experiencias sobre as políticas de igualdade que se levan a cabo nos diferentes municipios galegos gobernados por mulleres.
Nunha sociedade primordialmente patriarcal, onde a toma de decisións se asentou fundamentalmente nas figuras masculinas, preséntase na actualidade unha oportunidade para que a voz das mulleres cambie o enfoque das políticas municipais.
A presenza da muller na política galega permite traballar desde outra perspectiva coa finalidade de romper desde as institucións cos obstáculos sociais que provocan a desigualdade no trato e na valoración das mulleres e a súa contribución á sociedade. A desigualdade e a discriminación de xénero son incompatibles coa democracia e temos nas nosas mans a oportunidade de traballar a prol da consecución de municipios máis sociais, xustos e solidarios.
A perspectiva de xénero ten que estar presente en todos os aspectos da política municipal, urbanismo, medioambiente, cultura, política lingüística, xestión do persoal, servizos sociais..., co obxectivo de que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades, as mesmas posibilidades de acceso aos recursos, un reparto equilibrado na toma de decisións, no uso dos tempos e os espazos así como unha consideración específica das diferenzas por razón de sexo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinala que este evento “permite visibilizar ás mulleres na política, falar dos datos que nos representan e serve para que toda a sociedade tome conciencia de que temos avanzado moito, pero de que aínda nos queda moitísimo máis por avanzar”.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.